martes, 6 de maio de 2014

CONVERTÉMONOS EN CABALEIROS MEDIEVAIS

Hoxe fixemos unha saída fantástica na que o pasamos xenial e aprendemos un montón: as armas, as torturas, a ciencia...
Logo visitamos o seu xardín, sobre o que nos contaron que naqueles tempos non había árbores nin fermosas prantas senón que estaba ben lisiño para poder ver se atacaban.

luns, 5 de maio de 2014

VISITA AO CASTELO DE SOUTOMAIOR

Para ir quentando motores e preparar  a visita de mañá imos lembrar como vivían na Idade Media. Podemos acceder a este LIM e repasar xogando.

Agora xa podemos ler a información que nos ofrecen dende o Concello de Soutomaior sobre o castelo e a súa historia.