xoves, 26 de maio de 2016

Mesturarase o aceite coa auga?

Os nenos de 5º estivemos facendo un gran experimento.

Primeiro tiñamos que coller a mesma cantidade de auga, area e aceite. Collemos pouquiño, que se non gastamos moito aceite, e iso contamina.

Despois apuntamos o volume e o peso das tres cousas.

Logo votamos o aceite e despois engadímoslle a auga.Que pasou co aceite?A auga é máis densa ca o aceite e o aceite quédase enriba.

Despois revolvemos cunha culler e esperamos 5 min.  Engadímoslle a area. Que pasou coa area? Que a area é máis densa cás outras dúas cousas e quédase embaixo.

Revolvemos coa mestura anterior e esperamos 5 min. Que pasou despois de esperar? Algo impresionante!!! O aceite quédase enriba, a auga no medio e a area embaixo.

Foi divertidísimo!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

A túa opinión é importante.